O presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijoo, acaba de anunciar en comparecencia televisiva, tras a celebración do Consello de Goberno da Xunta de hoxe, xoves, entre outras medidas para frear a expansión do coronavirus COVID-19, as seguintes:
- A suspensión de todas as actividades, escolares e extraescolares, en TODAS as etapas educativas. De maneira oficial, a partir do luns día 16 de marzo.
- Non obstante, recoméndase que xa mañá, venres, non asistan alumnos e alumnas ao noso centro, que permanecerá aberto, AGÁS PARA A REALIZACIÓN DE EXÁMENES OU PROBAS.
- A suspensión inicial prevese de 14 días lectivos.
- Suspéndense, tamén calquera actos que reúnan a un número superior a 50 persoas.
Dende esta páxina da Escola Profesional Santo Cristo, así como a través das redes sociais e da Aula Virtual da escola, facilitaremos toda a información que sexa posible a medida que se vaia ampliando esta declaración institucional.