Seguindo as instruccións da Consellería de Educación, a Escola Profesional Santo Cristo suspende a actividad escolar para os vindeiros 14 días dende o día 16 de marzo.
Suspéndense as prácticas en empresas (módulo FCT) para todos os ciclos.
O profesorado dos diferentes módulos programará actividades na Aula Virtual da escola para que o alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento.
As comunicacións entre profesor e alumno, faranse preferiblemente por medio da Aula Virtual.