Na Escola Profesional Santo Cristo dedicamonos á Formación Profesional, nos seus distintos niveis, na cidade de Ourense dende o ano 1970.
Ademáis da formación nas aulas, traballamos en formar ao noso alumnado nunha educación máis ampla, onde as miras se poñan fóra, na Sociedade, e sobre todo na nosa nosa cidade.
Apostamos claramente pola creación dunha cultura emprendedora, fomentando no noso alumnado ao longo de todo o curso, as cualidades persoais que constitúen a base do espíritu empresarial, tales como a iniciativa, a responsabilidade, a asunción de riscos, a organización ou a creatividade.
Para potenciar esta idea, celebraremos a I Semana do Emprendedor, a semana do 23 ao 27 de xaneiro de 2017 con distintas actividades.
Traballaremos nas aulas as cualidades persoais e profesionais dunha persoa emprendedora, analizaremos casos reais, teremos obradoiros de creación de empresas e invitaremos a conferenciantes que nos aportarán opinións dende a súa propia realidade profesional.
As conferencias terán lugar o próximo 25 de xaneiro, mércores ás 9:30 horas no Salón de Actos da nosa Escola. Os conferenciantes, serán:
* Ilmo. Sr. D. José Manuel Baltar Blanco, Presidente da Excma. Deputación de Ourense.
* D. Lois Babarro Alén, Presidente de AJE Ourense / Vicepresidente AJE Galicia.
* D. Luis Rivera Fernández, Presidente do CCA Ourense Centro.
* D. Eladio Jardón Ferreiro, Director do Instituto Internacional de Marketing y Comunicación / Gañador do prestixioso premio Victory Awards como consultor do ano 2016.
Deixe o seu comentario