Vacinación

http://www.crtvg.es/informativos/martinon-xefe-de-pediatria-do-chus-a-responsabilidade-coas-vacinas-e-de-todos

«Os nenos son as vítimas principais da gripe. A vacinación da gripe aos nenos permitiría controlar a transmisión aos adultos. Pero isto é un debate aberto en moitos países».

«Non ten sentido reflexionar sobre vacinar ou non vacinar. Cando hai un accidente de tráfico ninguén pensa en deixar de usar o coche. O que haberá que pensar é en melloralos».

«A responsabilidade coas vacinas é de todos. É un ben de saúde pública».

«Non podemos mirar o custo -para as arcas públicas- cando falamos de inverter en vacinación. Hai que mirar o beneficio en saúde. As vacinas son sempre a mellor inversión».