A Escola Santo Cristo durante o mes de febreiro levará a cabo coma nos últimos anos a súa Campaña Solidaria para colaborar nesta nova edición coa Asociación Amencer-Aspace, a cal está formada por familias de personas con parálisis cerebral e outros trastornos neuro-motores.
A campaña arrancará este vindeiro venres coa presentación , no salón de actos da escola, das actividades que se levarán a cabo e acompañaranos Monica Touriño como cabeza visible da asociación.
Entre as actividades podemos destacar a venda de cosméticos elaborados polo alumnado de Farmacia, artesanía, pinchos ou doces caseiros. Ademáis tamén celebraremos o día dos namorados coa venda de detalles doces feitos na escola e para rematar, o día 28 de febreiro será a clausura da campaña coa entrega do cheque a Mónica e cun xa tradicional xantar solidario donde se fará o sorteo das rifas que se venderán ao longo de todo o mes, donde os agasallos son todos doazóns de empresas e particulares que aportan así o seu gran de area.