Desde 1981, España é líder mundial en transplante de órganos. O ano pasado, só en Galicia practicáronse 299 intervencións de ril, páncreas, fígado, corazón e pulmón e case o 80% se realizaron no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Nestes 27 anos da historia dos nosos transplantes máis de oito mil persoas tiveron ou teñen, grazas ao avance da ciencia, a oportunidade dunha nova vida.   

Paulino, Antonio e María Xosé son o exemplo de tres historias diferentes na súa relación co transplante de ril. María Xosé leva oito anos recibindo hemodiálise, iso si, na súa propia casa

O corpo de Antonio rexeitou o primeiro ril que lle transplantaran. Por segunda vez, o 31 de xaneiro, hai seis meses, os médicos volvérono intentar.

Paulino é un veterano. Leva 36 anos co mesmo ril que lle transplantaran naquela primeira e única operación, por entón, de vangarda. 

En 2016 en Galicia houbo 135 intervencións de transplante de ril, 28 delas con doador vivo.  

O 80% de todos os transplantes que se fan en Galicia practícanse no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, o CHUAC.

Fuente y más información en: http://www.crtvg.es/informativos/o-chuac-realiza-o-80-dos-transplantes-de-galicia?platform=hootsuite