Estimados alumnos e familias:

Dada a realidade das circunstancias actuais queremos transmitir que dende o Equipo Directivo estamos planificando o inicio do curso seguindo os protocolos de seguridade e prevención marcados dende as Consellerías de Educación e Sanidade. A nosa prioridade é maximizar a seguridade do noso alumnado no comezo da actividade lectiva a partires do día 16 de setembro, día da presentación do novo curso escolar, ás 10 horas para o alumnado de 1º curso e as 12 horas para o alumnado de 2º curso.

Na páxina web do centro atoparedes calquera nova que nos sexa comunicada dende a Consellería de Educación.

Sabede que dende a nosa Escola estamos traballando para que a actividade educativa se desenvolva nunha contorna segura para toda a Comunidade Educativa. Tamén seredes informados/as dos nosos Protocolos de Adaptación ao contexto COVID-19 sobre as medidas hixiénicas, preventivas e organizativas (entradas, saídas, recreos, desprazamentos dentro do centro educativo…) que levaremos a cabo porque comprendemos que é de vital importancia para todo o alumnado contar coa máxima información posible para encarar a organización do vindeiro mes de setembro.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración e responsabilidade para afrontar un novo curso escolar marcado polas circunstancias actuais.

 

A Dirección