Hai 12 anos que Timothy Ray Brown se converteu na primeira persoa en curarse do VIH (Virus de inmunodeficiencia humana) grazas a un transplante de médula ósea. E a revista Naturepublicará ao longo deste martes que un equipo de científicos do University College de Londresconseguiu, por segunda vez na historia, que remitira a doenza nun afectado polo virus despois de ser tratado con células nai. Segundo recolle The New York Times, o paciente leva xa ano e medio sen medicarse contra o VIH.
Máis información no seguinte enlace de GCiencia:
https://www.gciencia.com/saude/curan-por-segunda-vez-na-historia-a-un-paciente-de-vih/