A Escola de Idiomas é un proxecto de ensino de linguas en horario extraescolar, cuxa oferta inclúe o aprendizaxe de INGLÉS.
Os alumnos/as que participen na Escola de Idiomas terán a posibilidade de mellorar o seu nivel de inglés en grupos reducidos e de certificar os seus progresos a través dos Exames Oficiais de Trinity College London. O devandito certificado está recoñecido por innumerables universidades de fala inglesa e un gran número de empresas, o que sen dúbida enriquecerá, no futuro, o curriculum dos alumnos/as. O exame consiste nunha proba oral con examinador/a nativo/a de fala inglesa; por iso as clases terán un enfoque eminentemente comunicativo. O exame realizarase a final de curso no propio centro. Cada un dos doce niveis de Trinity está vinculado ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.
Características:
- Grupos reducidos (de 8 a 12 alumnos/as) e homoxéneos.
- Seguimento personalizado do alumno/a.
- Información a través de newsletter mensual e informes trimestrais.
- Titorías.
- Material específico e programación para cada nivel.
- Eventos Culturais periódicos.
- Profesorado cualificado e con experiencia.
- Exames oficiais de Trinity College London (Organizados segundo o nivel)