Os equipos docentes de cada ciclo, baixo a coordinación da dirección do centro educativo, adaptaron as programacións didácticas de cada uno dos módulos dos diferentes ciclos que se imparten no centro: básico, medios e superior.
Identificáronse os resultados de aprendizaxe e competencias imprescindibles que debería desenvolver o alumnado para cada módulo, que serviron de referente para o deseño das actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación que se desenvolvan durante o terceiro trimestre.
A avaliación e cualificación adaptouse, tendo en consideración que se realizará sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, así como sobre as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación de aprendizaxes realizadas dende a declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, sempre e cando beneficie ao alumnado. Para a concreción dos criterios de avaliación e cualificación teranse en conta as aprendizaxes e competencias imprescindibles anteriormente identificado.
Estableceuse o procedemento para o cálculo da cualificación final que se consignará na avaliación ordinaria.
Actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes:
prestarase especial atención á avaliación do alumnado con materias pendentes. No caso do alumnado do que non se dispoña de información obxectiva para unha avaliación de materias pendentes ou con avaliación negativa, poderá ser convocado a unha proba telemática, se a situación sanitaria non permite a realización de probas presenciais. Esta proba poderá ser substituída pola realización de traballos ou actividades que permitan una avaliación obxectiva. Detalláronse os criterios de avaliación e cualificación e estableceranse as datas e os procedementos para a avaliación das materias pendentes.
A información básica da adaptación das programacións didácticas para a finalización do curso 2019-2020, foi elaborada en base aos principios de claridade, transparencia e obxectividade que garantan o dereito dos alumnos e alumnas a que o seu rendemento sexa avaliado conforme a criterios obxectivos.
O profesorado informará ao alumnado do seu módulo a través da Aula Virtual do Centro.