Antonio Salas e Federico Martinón publican en ‘Scientific Reports’ un traballo sobre os problemas de resistencia a determinados antibióticos

 As superbacterias son un dos grandes desafíos de futuro para a ciencia e para a saúde pública en todo o mundo. Estímase que no ano 2050 haberá máis mortes debidas a infeccións por súperbacterias que por cancro. Este é un dos motivos polos que a Organización Mundial da Saúde aprobou un plan especial para combater o perigo da resistencia aos antibióticos.

E este asunto é o tema central da última investigación que o profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas e o coordinador da Unidade de Infectoloxía e Inmunoloxía Pediátrica do CHUS, Federico Martinón, presentan na revista Scientific Reports.

Máis información no seguinte enlace de Galiciencia

Científicos galegos afondan nas diferenzas entre infeccións víricas e bacterianas