OFERTA FORMATIVA
Na Escola Profesional Santo Cristo ofertamos Ciclos de Formación Profesional dos tres niveis da Formación Profesional:
Nivel 1: FP Básica:
Imaxe Persoal: Peiteado e estética.
Nivel 2: Ciclos de Grao Medio:
Familia Sanitaria: Coidados auxiliares de Enfermaría e Farmacia e Parafarmacia.
Familia de Administración: Xestión Administrativa.
Nivel 3: Ciclos de Grao Superior:
Familia de Administración: Administración e Finanzas.
A longa historia deste Centro permítenos considerarnos membros activos na inserción laboral do alumnado e afanados defensores dun perfil de traballador con calidade profesional e humana que contribúa á humanización do traballo.
Grao Superior de Administración e Finanzas
Familia: Administración e Xestión.
Sistema educativo: LOE
Horas: 2000
Acceso:
Título de Bacharelato
Título Universitario
Título de técnico de formación profesional (grao medio LOE ou LOXSE)
Título de técnico superior de formación profesional
Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias do bacharelato (LOMCE)
Ter superada unha proba de acceso a ciclos de grao superior.
Titulación:
Técnico Superior en Administración e Finanzas.
Que se aprende a facer?
Organizar e executar as operacións de xestión e administración nos procesos comerciais,laborais, contables, fiscais e financeiros dunha empresa pública ou privada, aplicando anormativa e os protocolos de xestión de calidade, xestionando a información, asegurando a satisfacción da clientela e/ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade,nomeadamente no sector de servizos, así como na Administración pública, desempeñando as tarefas administrativas na xestión e no asesoramento nas áreas laboral, comercial,contable e fiscal desas empresas e institucións, ofrecéndolles un servizo e atención áclientela e á cidadanía, realizando trámites administrativos coas administracións públicas exestionando o arquivo e as comunicacións da empresa. Poderían traballar por conta propia, efectuando a xestión da súa propia empresa, ou através do exercicio libre dunha actividade económica, como nunha asesoría financeira oulaboral, estudos de proxectos, etc.
En que postos de traballo?
Administrativo/a de oficina, administrativo/a comercial, administrativo/a financeiro,administrativo/a contable, administrativo/a de loxística, administrativo/a de banca e de seguros, administrativo/a de recursos humanos, administrativo/a da Administraciónpública, administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais, ou xestorías,técnico/a en xestión de cobramentos, responsable de atención á clientela.
Cales son os módulos deste ciclo?
1º Curso | 2º Curso |
1. Inglés profesional 2. Xestión da document. xurídica e empresarial 3. Recursos Humanos e Resp. Social Corporativa 4. Ofimática e proceso da información 5. Proceso integral da actividade comercial 6. Comunicación e atención á clientela 7. Itinerario persoal para a empregabilidade I 8. Sustentabilidade aplicada ao sist. produtivo |
1. Xestión de Recursos Humanos 2. Xestión Financeira 3. Contabilidade e Fiscalidade 4. Xestión Loxística e Comercial 5. Simulación Empresarial 6. Proxecto de Administración e Finanzas 7. Formación en Centros de Traballo |
Grao Medio de Xestión Administrativa
Familia: Administración e Xestión.
Sistema educativo: LOE
Horas: 2000
Acceso:
E.S.O.
Título de Técnico / Técnico Auxiliar ou equivalente.
F.P.B. (2 anos).
2º B.U.P.
Mediante proba de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Titulación:
Técnico en Xestión Administrativa.
Que se aprende a facer?
Realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, fi-nanceiro e fiscal. Atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas públicas e privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.
Onde se realiza o traballo?
En calquera tipo de empresa, independentemente do seu tamaño e do sector de actividade, nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.
En que postos de traballo?
Auxiliar administrativo/a, axudante de oficina, auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos, administrativo/a comercial, auxiliar administrativo/a de xestión de persoal, auxiliar administrativo/a das administracións públicas, recepcionista, empregado/a de atención á clientela, empregado/a de tesouraría e empregado/a de medios de pagamento.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.
Cales son os módulos deste ciclo?
1º Curso | 2º Curso |
1. Inglés profesional 2. Operacións administrativas de compravenda 3. Tratamento informático. da información 4. Técnica contable 5. Operacións auxiliares. de xestión. de tesourería 6. Itinerario persoal para a empregabilidade I 7. Sustentabilidade aplicada ao sist. produtivo |
1. Comunicación Empresarial. e Atenci. á clientela 2. Empresa e Administración 3. Operacións Administrat. de Recursos Humanos 4. Tratamento da documentación contable 5. Empresa na aula 6. Formación en Centros de Traballo |
Grao Medio de Farmacia e Parafarmacia
Familia: Sanidade.
Sistema educativo: LOE
Horas: 2000
Acceso:
E.S.O.
Título de Técnico / Técnico Auxiliar ou equivalente.
F.P.B. (2 anos).
2º B.U.P.
Mediante proba de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Titulación:
Técnico en Farmacia e Parafarmacia.
Que se aprende a facer?
Asistir na dispensación e na elaboración de produtos farmacéuticos e afíns, e realizar a venda de produtos parafarmacéuticos, fomentando a promoción da saúde e executando tarefas administrativas e de control de almacén, conforme as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
Onde se realiza o traballo?
En establecementos de venda de produtos farmacéuticos, parafarmacéuticos e, en xeral, produtos relacionados coa saúde humana ou animal, así como coa cosmética, a fitoterapia e outros. Do mesmo xeito, pode exercer a súa actividade en pequenos laboratorios de elaboración de produtos farmacéuticos e afíns.
En que postos de traballo?
Técnico/a en farmacia. Técnico/a auxiliar de farmacia. Técnico/a de almacén de medicamentos. Técnico/a en farmacia hospitalaria. Técnico/a en establecementos de parafarmacia.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.
Cales son os módulos deste ciclo?
1º Curso | 2º Curso |
1. Anatomofisioloxía e patoloxía básicas 2. Disposición e venda de productos 3. Dispensación de produtos farmacéuticos 4. Operacións básicas de laboratorio 5. Formulación maxistral 6. Itinerario persoal para a empregabilidade I 7. Sustentabilidade aplicada ao sist. produtivo 8. Inglés profesional |
1. Primeiros auxilios 2. Oficina de farmacia 3. Dispensación de produtos parafarmacéuticos 4. Promoción da saúde 5. Empresa e iniciativa emprendedora 6. Formación en Centros de Traballo |
Grao Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría
Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOXSE
Horas: 1400
Acceso:
E.S.O.
Título de Técnico / Técnico Auxiliar ou equivalente.
F.P.B. (2 anos).
2º B.U.P.
Mediante proba de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Titulación:
Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría.
Que se aprende a facer?
Proporcionar coidados auxiliares ao paciente ou cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do seu contorno como membro dun equipo de enfermaría nos centros sanitarios de atención especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de enfermaría e, de ser o caso, como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do exercicio liberal, baixo a supervisión correspondente.
Onde se realiza o traballo?
Organización e xestión da unidade ou consulta, prestación do servizo e educación sanitaria.
En que postos de traballo?
Auxiliar de enfermaría ou clínica, de balnearios, de atención primaria e coidados de enfermería a domicilio; auxiliar bucodental, xeriátrico, pediátrico, de esterilización, de unidades especiais e de saúde mental.
A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.
Cales son os módulos deste ciclo?
1º Curso | |
1. Operacións administrativas e documentación sanitaria 2. Técnicas básicas de enfermería 3. Hixiene do medio hospitalario e limpeza do material 4. Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente 5. Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica 6. Relacións no equipo de traballo 7. Formación e orientación laboral |
Peiteado e Estética
Familia: Imaxe Persoal
Sistema educativo: LOE
Horas: 2000
Requisitos que debe cumprir o alumnado de forma simultánea:
Ser proposto/a polo equipo docente.
Consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais.
Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, …excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
Titulación:
Título profesional Básico en Peiteado e Estética.
Que se aprende a facer?
Aplicar técnicas de limpeza e cambios de forma e cor do cabelo, así como técnicas básicas de maquillaxe, depilación, manicura e pedicura, atendendo á clientela e preparando os equipamentos, os materiais e as aéreas de traballo con responsabilidade e iniciativa persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
En que ámbitos se traballa?
Actividades por conta allea en salóns de peiteado e de beleza, en salas de peiteado e/ou estética, en ximnasios ou centros de beleza de hoteis, residencias de persoas maiores, hospitais e balnearios, baixo a supervisión de persoal técnico responsables. Tamén poden realizar de xeito autónomo servizos básicos de peiteado, manicura e pedicura, depilación e maquillaxe.
Que ocupacións desempeñan?
Auxiliar de peiteado; axudante de manicura e pedicura; axudante de maquillaxe; auxiliar de depilación.
A que outros estudos se pode acceder?
Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das familias profesionais de:
- Hostalaría e turismo
- Imaxe persoal
- Industrias alimentarias
Cales son os módulos deste ciclo?
1º Curso | 2º Curso |
1. Ciencias aplicadas I 2. Comunicación e ciencias sociais I 3. Preparación do contorno profesional 4. Depilación mecánica e descolor. da p. superflua 5. Lavados e cambios de forma do cabelo. 6. Cambio de cor do cabelo) 7. Itinerario para a empregabilidade básico |
1. Ciencias aplicadas II 2. Comunicación e ciencias sociais II 3. Atención á clientela 4. Coidados estéticos básicos de uñas 5. Maquillaxe 6. Formación en centros de traballo |