Preparados para comezar a semana?…aquí tedes un doce anaquiño de historia que de seguro vos abrirá o apetito e vos cargará as pilas para comezala con bo pé.
Comentaremos hoxe a labor das tradicionais rosquilleiras, esas persoas, normalmente mulleres, que elaboraban rosquillas para despois vendelas polas romarías e festas da contorna galega.
Este xénero de mulleres, xeralmente de idade madura, percorrían a xeografía galega cargadas de cestas, que portaban na testa, cheas de aromáticas e doces rosquillas, inicialmente elaboradas previamente de forma artesanal nas súas casas, e, unha vez chegada a industrialización, xa axudadas por melloras como as fábricas de rosquillas, as bolsas e panos rexeitables tras o uso e os distintos medios de locomoción.
A labor aprendíase na casa, herdada das nais, ou pola necesidade de aportar algún ingreso naqueles tempos de fame e escaseza.
As rosquillas, bicas e melindres, naquel tempo de vida eminentemente rural, de poucas satisfaccións culinarias e menos doces, a rosquilleira era o posto
de moda. Os doces e rosquillas que levaba eran festexados e consumidos con avidez. Pensade que nalgunhas casas incluso era complicado acadar fariña.
Por aquel entón non se dispuña como agora de panos de papel, bolsas, ou papel albal, polo que, de cara a realizar a venda, as mulleres recollían paus do monte, normalmente de carballo, que rematasen en punta e comezasen curvos, para pinchar as roscas e melindres sen que caeran. Esa era a forma na que se puñan a disposición dos clientes, que as adoitaban a mesturar
con viño ou licor.
Como podedes imaxinar as romarías e festas eran moi distintas ás de hoxe. Quedamos á agarda que nos contedes o voso saber sobre este oficio ou sobre as romarías tradicionais…¡non perdas a ocasión, a túa experiencia conta!
Deixe o seu comentario