QUEN SOMOS

A Escola de Formación Profesional Santo Cristo é unha institución pertencente  á  Escola Profesional Santo Cristo Sociedade Cooperativa Galega.

quen-somos

No Decreto 289 de 1972 do 27 de xaneiro ( BOE 15-02-1972)  é clasificado como Centro de Formación Profesional industrial.

É un Centro Concertado con Concerto Pleno coa Xunta de Galicia, polo tanto está afectado, no seu funcionamento, polas Leis, Ordes e Resolucións  que para tal caso aproba a Administración.

Desde os inicios decántase pola formación profesional, inicialmente con preferencia á muller e actualmente é un Centro mixto.

Os cambios acontecidos até o día de hoxe, na súa estrutura educativa, foron propiciados polas distintas reformas  que se levaron a cabo no sistema Educativo Español.

Nace como Centro de FP con distintas ramas profesionais na oferta educativa, hoxe convertidas en familias e das que se manteñen:

  • Familia Sanitaria.
  • Familia de Administración.
  • Familia de Comercio e Marketing.
  • Familia de Imaxe persoal.

Actualmente imparte ciclos dos tres niveis da Formación Profesional:

Nivel 1: FP Básica:
Imaxe Persoal: Peiteado e estética.

Nivel 2:  Ciclos de Grao Medio:
Familia Sanitaria: Coidados auxiliares de Enfermaría e Farmacia e Parafarmacia.
Familia de Administración: Xestión Administrativa.

Nivel 3:  Ciclos de Grao Superior:

Familia de Administración: Administración e Finanzas

A longa historia deste Centro permítenos considerarnos membros activos na inserción laboral do alumnado e afanados defensores dun perfil de traballador con calidade profesional e humana que contribúa á humanización do traballo.

MISIÓN, VISIÓN E VALORES

MISIÓN:
O noso compromiso é proporcionar calidade humana, técnica e profesional mediante procesos que favorezan o crecemento de cada alumno/alumna e o/a preparen para afrontar un mundo en constante cambio, competitivo e contraditorio en valores, insertado na realidade plurilingüe e aberto ás ofertas culturais de hoxe cun equipo educativo implicado, preparado e en constante reciclaxe.

VISIÓN:
Pretendemos ser un centro de referencia, na Formación Profesional, pola implicación da Comunidade Educativa nos procesos comúns de cualificación das persoas e pola contribución á humanización do traballo.

VALORES:

  • Interioridade.
  • Respecto.
  • Solidariedade.
  • Creatividade.
  • Confianza.
  • Autonomía.
  • Reponsabilidade.